¿Cómo chegar?
Entrada á leiraAcceso á casa...ORIXINAL PASEO...
Establecemento recoñecido

Lecer e paseo

A Casa dos Cregos atópase ubicada nunha leira de aproximadamente 8.000 metros cadrados, dividida en dúas zonas: na primeira delas está o hórreo ou cabazo (edificación típica de Galicia onde se almacenaba o gran), un alpendre restaurado do que foron as antigas cortes e un pequeno estanque con peixes. Pola parte traseira hai un pombal antigo de pranta circular rodeado de maceiras, nogueiras e un fermoso exemplar de ciprés, e un amplo aparcamento para coches.